Confederación Intersindical Galega

Federación de Administración Pública

Federación de Administración Pública da CIG

Federación de Administración Pública da CIG

Ligazóns sectores

Autonómica
Correos
Xustiza

Ligazons confederacion

CIG - Avantar
Forga
Saúde laboral
Fesga

Iniciar sesion






Procurar no web

Concentracións e manifestacións en todas as cidades, este xoves, día 23 de febreiro, contra os recortes no sector público
Martes, 21 Febreiro 2012 14:31

Convocan CIG, UGT, CCOO, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ

O persoal do sector público vén manifestando o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes que o PP pretende impor a través da Lei de Medidas no Emprego Público. Os empregados e empregadas deste sector entenden que estas medidas supoñen un grave retroceso nos seus dereitos laborais e sociais, cuestionan a súa imaxe e a súa dignidade, desvalorizan á propia administración pública e provocarán unha mingua na calidade dos servizos. Por iso convocaron, para este xoves, concentracións e manifestacións en todas as cidades, ás 19:00 horas, ás que chaman a participar a todas as galegas e galegos en defensa do Sector Público.

Con estas mobilizacións, convocadas por todas as organizacións sindicais, CIG, CCOO, UGT, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ, o sector público pretende denunciar as políticas de recorte do PP, que teñen como único obxectivo facer pagar a crise ao persoal da administración pública, adelgazar a administración e reducir servizos, o que terá consecuencias negativas na súa calidade.

As organizacións convocantes fan un chamamento a participar masivamente nestas concentracións e manifestacións que terán lugar en:

  • Ferrol: Ás 19:00 horas, na Praza de España
  • Pontevedra: Ás 19:00 horas, na Praza da Peregrina
  • A Coruña: Ás 19:00 horas, na Praza de Ourense
  • Compostela: Ás 19:00 horas, na Praza do Toural
  • Lugo: Ás 19:00 horas, A Muralla, Edificio Administrativo
  • Ourense: Ás 19:00 horas, no Pavillón dos Remedios
  • Vigo: Ás 19:00 horas, no MARCO
 
Miles de traballadores/as do sector público concéntranse nos seus centros de traballo contra os recortes da Xunta As organizacións sindicais pídenlle ao Goberno galego que escoite as demandas o persoal e retire o anteproxecto de lei Miles de traballadores
Venres, 17 Febreiro 2012 11:24

As organizacións sindicais pídenlle ao Goberno galego que escoite as demandas o persoal e retire o anteproxecto de lei

Miles de traballadores e traballadoras do sector público galego volveron manifestar este xoves o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público con concentracións simultáneas nos distintos centros de traballo de todo o País. Mentres o Consello da Xunta abordaba a aprobación do proxecto de lei, dende as organizacións sindicais convocantes (CIG, CCOO, UGT e CSI-F) demandaron do Goberno galego a retirada do mesmo e a apertura de ámbitos de negociacións real non baseados na imposición, no recorte de dereitos sociais e económicos do persoal nin no desmantelamento dos servizos públicos.
Ler máis...
 
A CIG fixa a convocatoria de folga xeral nacional para o xoves 29 de marzo
Venres, 17 Febreiro 2012 18:57

O secretariado confederal acordou a data da mobilización contra a nova reforma laboral do PP

O Secretariado Confederal da CIG, reunido este venres, día 17 de febreiro, acordou fixar a data da convocatoria de folga xeral para o día 29 de marzo. Así o comunicou o secretario xeral, Suso Seixo, quen explicou que para tomar esta decisión tívose en conta que durante o mes de marzo entrarán a debate, no Congreso, a reforma laboral e os Orzamentos Xerais do Estado e que para esa mesma data, tamén convocou folga xeral a maioría sindical vasca.
Ler máis...
 
Centos de empregados/as públicos concéntranse na EGAP coincidindo coa celebración da Mesa Xeral
Sábado, 11 Febreiro 2012 22:11

Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais

Centos de empregados/as públicos/as participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.

A concentración, que volveu contar cunha importante participación de traballadoras e traballadores do sector público, converteuse nunha demostración do profundo rexeitamento que provocan as medidas que o PP pretende aplicar e que consideran que deteriorarán gravemente as súas condicións laborais e salariais.

 

Ler máis...
 

Resumo de novas da Confederación

  • A contrata de limpeza da USC insiste no ERE, pero non presenta a documentación económica solicitada polo Comité

    22 Feb 2012 | 6:12 pm

    Como nas anteriores reunións, o persoal concentrouse ás portas do local onde se desenvolvía a negociación, nunha das manifestacións máis numerosas das convocadas até o de agora. Esta concentración insírese na campaña de mobilizacións que as traballadoras e traballadores de Clece veñen protagonizando desde que se soubo da intención da Universidade de Santiago de recortar o orzamento da contrata nun 15% e a da empresa concesionaria de repercutilo aos traballadores/as[…]

  • Delegados/as da CIG en Novagalicia Banco concéntranse contra o ERE que a entidade pretende aplicar a 775 traballadores/as

    22 Feb 2012 | 5:08 pm

    No caso da Coruña, explicaba durante a concentración o Secretario Nacional da Federación, Clodomiro Montero, o ERE afectaría ao persoal adscrito a Servizos Centrais, máis os datos desagregados non foron aínda facilitados pola empresa á representación do persoal. Porén, matizou, non só perigan estes 775 empregos, senón que, a raíz da reforma do sistema financeiro aprobada polo Goberno español, “o que está en xogo é o propio futuro de Novagalicia[…]

  • Unha comparsa da CIG-Administración percorreu San Caetano o martes de entroido coa canción “Freijolito quere recortar"

    22 Feb 2012 | 2:35 pm

    A comparsa estaba capitaneada polo presidente da Xunta, Núñez Feijóo, guitarra en man, co hábito de monxe, guía espiritual do equipo e “interino de corazón”, tal e como rezaba no cartaz que levaba colgado. Acompañábao o seu segundo, Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, preso da crise, que ía tomando nota dos traballadores/as "ociosos" e buscando onde máis poder recortar. Este levaba un cartel no que se podía ler “Alfonso Rueda,[…]

Resumo de novas dos sectores

  • MOBILIZACIONS CONTRA OS RECORTES

    CIG - Sector de Xustiza 22 Feb 2012 | 8:46 pm

  • Enterro dos servizos públicos nas delegacións da Xunta en Ourense

    CIG-Sector Autonómico 22 Feb 2012 | 7:01 pm

    {youtube}Pakd8o9HzdM{/youtube}O mércores de cinxa, Rajoy, Feijoo, Urdangarín e o séquito popular decidiron, por sorpresa, visitar as delegacións da Xunta de Galiza en Ourense con música de igresa para facer o enterro dos servizos públicos. Coa retranca propia destas datas as delegadas e delegados da CIG-Autonómica denunciamos os contínuos recorte de Feijoo ás empregadas e empregados públicos e, por extensión, dos propios servizos públicos que prestamos todas e todos nós.

  • A comparsa "pres@s da crise" percorre San Caetano no día de entroido

    CIG-Sector Autonómico 21 Feb 2012 | 9:39 pm

    {youtube}kUvuCruzUKw{/youtube}Hoxe, martes de entroido, a comparsa da CIG-Autonómica “pres@s da crise” recorreu, por sorpresa, o complexo administrativo de San Caetano coa canción "Freijolito quere recortar". Con música festeira propia do entroido e unha letra retranqueira, denunciaban os continúos recortes de Feijoo ante os que nos asegura que “non hai elección”.  Descarga a letra

  • ADXUDICACIÓN DESTINOS OPOSITORES CORPO XESTION - QUENDA LIBRE - OP2010

    CIG - Sector de Xustiza 20 Feb 2012 | 9:26 am

       Comunícase que con data 2-3-2012 publicarase no BOE a adxudicación de destinos dos aspirantes ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre, nas oposicións convocadas por Orden JUS/1654/2010, de 31 de maio.Adxudicacións Territorio Ministerio.

Joomla Templates by JoomlaShack